NOTA INFORMATIVA

O Colexio de Médicos da Coruña mostra a súa satisfacción pola sentenza do Tribunal Supremo que acredita a colexiación obrigatoria promovida de oficio.

A sentenza do alto Tribunal do 18 de xullo pronúnciase, (ver ligazón) ante o recurso de casación interposto pola Xeneralidade Valenciana tras unha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza o 9 de marzo de 2017, que validaba por primeira vez a medida de colexiación obrigatoria forzosa exercida por un colexio profesional, neste caso, polo Colexio de Ópticos Optometristas da Comunidade Valenciana.

Para o Colexio de Médicos da Coruña esta sentenza vén reforzar a seguridade dos pacientes, que terán a garantía de ser atendidos por unha persoa que está a exercer legalmente a profesión. Ao mesmo tempo, a decisión do Tribunal Supremo reafirma a corrente de opinión defendida pola corporación colexial, que entende que non existen excepcións á colexiación obrigatoria no exercicio da profesión.

A función dos colexios profesionais como servizo público, vese de novo reforzada ao protexer os intereses dos pacientes velando pola súa seguridade, ao mesmo tempo que garante a capacidade do colexio para evitar o intrusismo profesional.