CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL 2019

Categoría: Novas
Publicado o Luns, 14 Outubro 2019
Escrito por Administrador

Desde o 14 de outubro iníciase a campaña de vacinación antigripal dirixida ás persoas de 60 ou máis anos, así como a todas aquelas persoas pertencentes a algún grupo de risco, e facendo fincapé en todos os traballadores que pola súa profesión poden ter un maior risco de transmitir esta infección a persoas vulnerables como é o caso dos médicos.

Toda a información referente a ela pódese ser consultada na web tenática de gripe https.//gripe.sergas.gal/, que se mantén como portal para a sociedade e os profesionais sanitarios, onde poderá atoparse toda a información técnica, de xestión e de evolución da campaña ao longo da mesma.