I EDICIÓN CURSO PREPARATORIO del TEMARIO COMÚN O.P.E

Categoría: Novas
Publicado o Mércores, 15 Xaneiro 2020
Escrito por Administrador

"Entendendo o dereito entre compañeiros"

Impartido polo Dr. D. Carlos Neto Mouronte

O Dr. Neto é médico especialista en Anestesiología e Reanimación, con exercicio profesional no Sº de Anestesia do CHUAC. Conta con ampla experiencia na preparación de exames tipo OPE.

Ao longo de tres xornadas consecutivas de 3?5 horas cada unha, os colexiados interesados terán a oportunidade de estudar de forma intensiva o temario correspondente á parte común do exame concurso oposición. Entregarase a cada un dos asistentes un temario amplo e actualizado, priorizando os aspectos máis preguntados. Ademais, afianzaranse coñecementos mediante a realización de test comentados polo profesor, permitindo adestrar técnicas de resposta.

Como compañeiro titular de praza en propiedade, o Dr. Neto comprende as necesidades formativas da OPE, e achegará aos colexiados os coñecementos fundamentais sen abusar de xerga legal ou formalismos xurídicos.

Datas de celebración:

+ Sede de Ferrol: Martes 4, Xoves 6 e Venres 7 de Febreiro 2020
+ Sede de Santiago: Mércores 12, Xoves 13 e Venres 14 de Febreiro 2020
+ Sede da Coruña: Martes 18, Mércores 19 e Xoves 20 de Febreiro 2020

Horario: 16:30 ? 20:00

* Os alumnos teñen opción de inscribirse na sede que máis lles conveña, independentemente de lugar de traballo.

Inscrición
A través da páxina web, pulsar aquí.
Ou nos teléfonos 981 29 58 99 / 981 59 55 62 indicando nome e apelidos, número de colexiado, teléfono, correo electrónico e centro de traballo.