Consultas Privadas

Decreto 12/2009, de 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.
Normativa para o réxime xurídico xeneral e o procedemento de autorización de instalación, funcionamento, modificación e peche dos centros, servizos e establecementos sanitarios, públicos ou privados, de calquera clase ou natureza, emprazados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei Órganica, 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal
Normativa para a protección de datos de carácter persoal (LOPD).

NOVA RECEITA MÉDICA PRIVADA

En xaneiro de 2013 será de obrigada aplicación a normativa recollida no Real Decreto sobre Receita Médica, que afectará á prescrición dos facultativos con exercicio privado. A OMC (Organización Médica Colexial) acordou o procedemento para garantir a autenticidade e seguridade da nova receita dos colexiados.

  1. R.D. 1718/2010, de 17 de decembro, sobre receita médica e ordes de dispensación.
  2. pdf R.D. 1675/2012 , de 14 de decembro, polo que se regulan as receitas oficiais e os requisitos especiais de prescrición e dispensión de estupefacientes para uso humano e veterinario.
  3. Default Powerpoint Explicativo sobre Receita Médica Privada
  4. pdf Modelo de Receita Médica Privada
  5. pdf Nota de prensa da OMC sobre a Receita Médica Privada

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE PRESENCIAL
Nas oficinas do Colexio Oficial de Médicos

- Encher formulario de solicitude
- Fotocopia do DNI ou carné colexial

Unha vez comprobada a documentación, os datos serán tratados administrativamente e introducidos na plataforma de xestión da OMC para a súa solicitude. As receitas xéranse automaticamente en arquivo Pdf (para imprimir) ou XML (para incorporar a programas de xestión informatizados).
Ditas receitas poderanse entregar por email, dispositivo de almacenamento (usb).

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE ONLINE
Deberá darse de alta para ter acceso ao portelo único do colexio.

Lémbrase que posto que no novo modelo de receita privada debe figurar a especialidade do médico prescriptor; todos aqueles colexiados que non teñan rexistrado o seu título de especialidade no Colexio, poderán presentalo para rexistro no mesmo momento de facer a súa primeira solicitude de receitas.

pdf COMUNICADO DA OMC SOBRE A RECEITA MÉDICA PRIVADA