Solidariedade Galega

A preocupación pola situación sanitaria dos países emprobrecidos, por parte dun grupo de profesionais sanitarios galegos, foi o xerme desta organización que en 25 anos de historia conseguiu mellorar as condicións de vida e saúde de miles de persoas en Hispanoamérica, África e Asia.

Novas

Médicos de Honduras na Coruña

Facultativos de atención primaria do departamento de Choluteca visitan os centros da área sanitaria da Coruña. Médicos de Honduras no Chuac: «Teñen unha sanidade do primeiro mundo, as súas queixas non nos parecen realmente un problema»

Médicos centroamericanos visitaron o centro de saúde nun proxecto de cooperación que ten por obxectivo mellorar a asistencia para 17 comunidades nunha das zonas con menos recursos do país. Metodoloxía estradense para mellorar a atención sanitaria en Honduras

Quen somos

En Solidariedade Galega todas as persoas somos VOLUNTARIAS. O tempo que dedicamos aos proxectos procede do noso tempo libre e período vacacional.

Quen somos

Como actuamos

1. Enviando equipos sanitarios especializados aos países empobrecidos.

2. Formando a profesionais da sanidade en Hispanoamérica, África e Asia, tanto nos seus países como en Galicia.

3. Realizando campañas de sensibilización e de educación para o desenvolvemento en Galicia.

 

Queres asociarte?

Hai varias cotas para colaborar que se adaptan a todos os petos. Por pequena que sexa, a túa achega suma.

Envíanos un correo a info@solidariedadegalega.org co asunto: Quérome asociar

Queres ser persoal voluntario?

Se formas parte de Solidariedade Galega, non importa se es ou non unha persoa profesional da sanidade, e queres participar nas actividades que desenvolvamos podes enviarnos un correo a info@solidariedadegalega.org co asunto: Quero ser persoal voluntario

 

Buzón de suxerencias

Queres facernos unha suxestión, unha doazón directa ou decirnos algo? Podes enviarnos un correo a info@solidariedadegalega.org

Solidariedade
Galega

Praziña de San Roque. Local núm. 1
15002 A Coruña
Galicia. España

Teléf.: 981 22 22 01

info@solidariedadegalega.org