TALLERES PARA REDES SOCIAIS PARA MÉDIC@S

Con estes Talleres Prácticos de Redes Sociais para Médic@s ensinarase aos asistentes para comprender e a utilizar as funcións das principais redes sociais, partindo do panorama socio-dixital actual e continuando co manexo de cada rede social dunha maneira máis práctica. 

Así, o curso dividirase en 4 talleres (90 min de duración cada un): 

22 de novembro de 18:00 a 19:30h.
Ecosistema dixital

Primeira sesión na que repasaremos o ecosistema dixital esbozando as principais redes sociais e o seu uso hoxe en día.

23 de novembro de 18:00 a 19:30h.
Twitter: a rede de microblogging

Veremos en detalle esta rede tan versátil e que se presta a darlle un uso profesional e para a inmediatez informativa. Crearemos unha conta, xeraremos conversación, e aprenderemos trucos e funcionalidades para sacarlle o maior partido. 

29 de novembro de 18:00 a 19:30h.
Linkedin: a túa traxectoria na internet

Linkedin é considerada a rede social profesional por excelencia. Nela podes ter o máis parecido a un currículo dixital, pero tamén serve para facer contactos profesionais, establecer sinerxias laborais e unha infinidade de aplicacións para a contorna profesional.

30 de novembro de 18:00 a 19:30h.
Facebook e Instagram: o contido manda

Seguindo a liña teórico-práctica de anteriores sesións, repasaremos estas dúas redes que, aínda que a priori o enfoque pode ser máis persoal, tamén teñen as súas posibles orientacións profesionais.

 * Material necesario por asistente: un dispositivo dixital –preferiblemente Tablet ou portátil (podería valer un smartphone)– con conexión a internet.

AFORO LIMITADO

FORMULARIO INSCRICIÓN