Novas

CONVOCATORIA PREMIOS SOLIDARIOS 2023

O Colexio Oficial de Médicos da Coruña convoca unha nova edición dos premios solidarios dirixidos a facilitar a colaboración dos colexiados en actividades de promoción da saúde de carácter social, de cooperación e de acción humanitaria no marco de proxectos tanto nacionais como internacionais.

O prazo de presentación será ata o 31 de outubro, para proxectos a realizar aos longo do ano 2023.

CONVOCATORIA

I CONCURSO RELATOS BREVES DA FUNDACIÓN HIPOCRÁTICA

A Fundación Hipocrática convoca a I edición do Concurso de Relatos Breves aberto a todos os colexiados/as.

A data límite de presentación dos traballos será o día 15 de setembro.

BASES DO CONCURSO

ROSA ARROYO, MEDALLA DE OURO E BRILLANTES DO COLEXIO MÉDICO DA CORUÑA

A Xunta Directiva do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña decidiu, por unanimidade, a proposta da Comisión de Honras e Premios, conceder a Medalla de Ouro e Brillantes da institución á doutora Rosa Arroyo Castillo, unha facultativa “excelente, solidaria, comprometida co profesionalismo médico, firme defensora da medicina baseada na evidencia e oftalmóloga de recoñecido prestixio”, como recolle a acta de concesión.

O galardón seralle entregado no transcurso do XV Encontro Médico, que se celebrará o próximo 17 de xuño na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela.