Novas
TALLERES PARA REDES SOCIAIS PARA MÉDIC@S
- Xoves, 10 Novembro 2022
- / Escrito por Administrador
Con estes Talleres Prácticos de Redes Sociais para Médic@s ensinarase aos asistentes para comprender e a utilizar as funcións das principais redes sociais, partindo do panorama socio-dixital actual e continuando co manexo de cada rede social dunha maneira máis práctica.
Así, o curso dividirase en 4 talleres (90 min de duración cada un):
22 de novembro de 18:00 a 19:30h.
Ecosistema dixital
Primeira sesión na que repasaremos o ecosistema dixital esbozando as principais redes sociais e o seu uso hoxe en día.
23 de novembro de 18:00 a 19:30h.
Twitter: a rede de microblogging
Veremos en detalle esta rede tan versátil e que se presta a darlle un uso profesional e para a inmediatez informativa. Crearemos unha conta, xeraremos conversación, e aprenderemos trucos e funcionalidades para sacarlle o maior partido.
29 de novembro de 18:00 a 19:30h.
Linkedin: a túa traxectoria na internet
Linkedin é considerada a rede social profesional por excelencia. Nela podes ter o máis parecido a un currículo dixital, pero tamén serve para facer contactos profesionais, establecer sinerxias laborais e unha infinidade de aplicacións para a contorna profesional.
30 de novembro de 18:00 a 19:30h.
Facebook e Instagram: o contido manda
Seguindo a liña teórico-práctica de anteriores sesións, repasaremos estas dúas redes que, aínda que a priori o enfoque pode ser máis persoal, tamén teñen as súas posibles orientacións profesionais.
* Material necesario por asistente: un dispositivo dixital –preferiblemente Tablet ou portátil (podería valer un smartphone)– con conexión a internet.
AFORO LIMITADO
Luciano Vidán seguirá á fronte do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña
- Martes, 27 Setembro 2022
- / Escrito por Administrador
Luciano Vidán continuará sendo presidente do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña o próximos catro anos. Reunida esta tarde, a Xunta Electoral ha proclamado electa a candidatura encabezada por el, que foi a única que se presentou. Por tanto, tal e como estipula o regulamento electoral do Colexio, os integrantes da lista quedaron proclamados electos sen que proceda votación algunha. Tomarán posesión do seu cargo no próximos quince días.
A Xunta Directiva colexial queda conformada por:
• Presidente: Luciano Vidán Martínez.
• Vicepresidente primeiro: Francisco Javier de Toro Santos.
• Vicepresidenta segunda: Azucena Prieto Zapico.
• Vicepresidente terceiro: Enrique Castelló Leal.
• Secretario xeral: Vicente Javier Prieto Cebreiro.
• Vicesecretaria: Ana María Álvarez Castro.
• Tesoureiro-Contador: Ramón Antonio Calviño Santos.
• Vogais:
· Marta Vidal Seoane.
· Raquel Marzoa Rivas.
· Mercedes Ferreira Bouza.
· María Enriqueta Rivas Lombardero.
· María Rosaura Leis Trabazo.
· Manuel Pedro Bustamante Montalvo.
· Elena Fernández Fernández.
· Guillermo Virgilio Debén Ariznavarreta.
· Laura Bermejo Abascal.
· Bernardo Seoane Díaz.
CONVENIO COLABORACIÓN CONSELLERÍA DE SANIDADE, SERGAS Y COLEGIO DE MÉDICOS PARA USO RECETAS EN FORMATO PAPEL PARA MÉDICOS JUBILADOS
- Venres, 16 Setembro 2022
- / Escrito por Administrador
Así mesmo, deixámoslle ligazón ao convenioo, pulsar aquí.
Máis artigos
- O CONSELLO XERAL INTERPÓN RECURSO DE ALZADA Á RESOLUCIÓN POLA QUE SE VALIDAN As GUÍAS PARA INDICACIÓN, USO E AUTORIZACIÓN DE DISPENSACIÓN DE MEDICAMENTOS SUXEITOS A PRESCRICIÓN MÉDICA POR PARTE DO PERSOAL DE ENFERMERÍA
- GARDAS DOS R4 DE MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA
- O COLEXIO RENOVA O CERTIFICADO DE CALIDADE
- O COLEXIO MÉDICO DÁ A BENVIDA AOS NOVOS RESIDENTES
- RECOMENDACIÓNS SOBRE O USO DAS RECEITAS MÉDICAS