Novas

INSTRUCCIÓN 22/21, DE LA GERENCIA DEL SERVICIO GALLEGO DE SALUD, SOBRE INCORPORACIÓN DE PERSONAL MÉDICO Y ENFERMERO JUBILADO, PARA REALIZAR TAREAS DIRIGIDAS A LA LUCHA CONTRA EL COVID-19

Ante a grave situación epidemiolóxica actual, na que a taxa de incidencia de casos continúa aumentando, a xerencia do SERGAS ditou a seguinte instrución para a incorporación de persoal médico e enfermeiro xubilado.

Deixámoslles a ligazón da instrución, para vela poden pulsar aquí.

COMPROMISO, RESPONSABILIDADE E ESIXENCIA

O compromiso de todos os profesionais da saúde co seu traballo foi total ao longo desta pandemia e ségueo sendo. No caso dos médicos, este compromiso transcendeu á atención prestada aos seus pacientes. Sendo referentes para a sociedade, teñen -e aceptan- unha maior responsabilidade, que vai máis aló do esixible polas disposicións legais.

Nestes días está a producirse un rebrote moi importante de COVID-19 en Galicia, polo que haberemos de adoptar precaucións adicionais. O propio Colexio de Médicos da Coruña suspendeu, por prudencia e non por esixencia legal, o encontro social que normalmente celebra nestas datas do Nadal. Como é coñecido, algúns profesionais médicos, como os MIR do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), optaron, lexitimamente, por manter este tipo de encontros e foron duramente criticados por iso, a pesar de respectar escrupulosamente as normas de seguridade establecidas precisamente por quen lles afee a conduta pola devandita asistencia. Estes actos poderían evitarse, pero atopamos pouco prudente e moi inxusto que as autoridades acusen a estes profesionais de irresponsabilidade por este motivo.

Moi pouco prudente porque cumpriron coas normas legais que se lle esixe a calquera grupo de cidadáns, e porque con ese xuízo moral táchase de neglixentes e se predispone contra profesionais nun momento no que as actitudes violentas cara a nós, os médicos, constitúen un grave problema social. E moi inxusto, xa que os médicos, e en particular os máis novos, dedicaron todo o seu esforzo ao control da pandemia desde o minuto uno, traballando en condicións moi penosas sen apenas protección durante longos meses, polo que pagaron e aínda están a pagar unha elevada peaxe en enfermidade e sufrimento. Os médicos asumimos que a nosa responsabilidade moral é superior á do resto dos cidadáns, pero non por iso merecemos ser tratados con menor respecto.

A xunta diretiva do COMČ

OFERTA CON PARADORES NACIONALES

O Consello Xeral de Colexios de Médicos ( CGCOM) e Paradores alcanzaron un acordo de colaboración segundo o cal obterán un prezo reducido nos aloxamentos que se atopen baixo a súa explotación todos os profesionais da Medicina colexiados en España, así como os traballadores do propio CGCOM e os Colexios de Médicos provinciais.

Os beneficiarios terán dereito a un desconto do 15% sobre a "Tarifa Parador" en réxime de aloxamento e almorzo e en cuarto estándar. Ademais, os familiares a cargo do beneficiario tamén poderán obter a bonificación a condición de que vaian acompañados polo propio beneficiario, que é quen debe realizar a reserva.

As reservas, suxeitas a dispoñibilidade, serán efectuadas na web de Paradores, na central de reservas de Paradores (Tel: 91 374 25 00, correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ou directamente a cada Parador. Para realizar a reserva o beneficiario debe indicar o código promocional correspondente: Ano 2021: CE15 CGM e Ano 2022: PCXVCGCM, e identificarse como colexiado ou empregado do CGCOM ou dalgún dos Colexios Oficiais (á súa chegada ao establecemento deberá presentar un documento oficial que o acredite como beneficiario).

A firma oficial deste convenio terá lugar a mediados do mes de decembro. Con todo, a promoción para os profesionais da Medicina durante o que resta de 2021 e todo 2022 xa está en vigor.