Política de Calidade

Categoría: Sistema Xestión da Calidade (SGC)
Publicado o Domingo, 29 Marzo 2015

A Xunta Directiva do COLEXIO OFICIAL DE MÉDICOS DA CORUÑA consciente da importancia da calidade á hora de satisfacer as necesidades dos nosos clientes (colexiados e cidadáns) decidiu levar a cabo a xestión da calidade implantando no COLEXIO OFICIAL DE MÉDICOS DA CORUÑA un Sistema de Xestión da Calidade que sexa efectivo e eficiente, logrando así os beneficios de todas as partes interesadas, co seu compromiso e o da Xerencia da mellora continua e a adaptación a novos cambios co obxectivo de converterse nun Colexio profesional de referencia a nivel autonómico e nacional.

No seguinte mapa reflíctese claramente a composición e estrutura real, os departamentos existentes e vinculantes para conseguir a máxima, a satisfacción de colexiados e cidadáns, mediante a prestación dos diferentes servizos.

 

A Xunta Directiva e a Xerencia promoverán o concepto de mellora continua, como obxectivo permanente, aliñando dita mellora coa estratexia de crecemento, o coñecemento e difusión dos servizos prestados, así como soster e incrementar a satisfacción de todos os clientes e usuarios.

As directrices xerais que se establecen para a consecución destes obxectivos son as seguintes:


A Xunta Directiva considera a política de calidade como un instrumento necesario para o desenvolvemento do Colexio nos aspectos organizativos, no desenvolvemento das súas actividades e na relación cos colexiados e cidadáns.

A eficiencia do Sistema de Xestión de Calidade é responsabilidade directa da Xunta Directiva e da Xerencia. No seu nome e representación, o Responsable do Sistema supervisará a súa implantación, desenvolvemento e mantemento, avaliando a súa adecuación e aplicación correcta.

Para iso, o Responsable do Sistema ten a autoridade necesaria para intervir en todos os departamentos do COLEXIO OFICIAL DE MÉDICOS DA CORUÑA, na medida que estime conveniente, para comprobar a efectividade do Sistema de Xestión da Calidade.

Como Xerencia, comprométome a desenvolver as directrices que en aspectos de Calidade fíxanse nesta política e na documentación do Sistema de Xestión de Calidade.

A Xunta Directiva do COLEXIO OFICIAL DE MÉDICOS DA CORUÑA

Certificado Calidad COMC