Sociedades Profesionais

Lei 2-2007, de 15 de marzo, de Sociedades Profesionais.

As sociedades constituídas con anterioridade a esta Lei deberán adaptarse ás previsións da mesma e solicitar a súa inscrición nos citados Rexistros. En calquera caso, as sociedades que non efectuasen a adaptación antes do 16 de decembro de 2008 quedarán disoltas de pleno dereito.

Ademais da debida inscrición no Rexistro Mercantil, debe practicarse, pois é obrigatoria, a inscrición da Sociedade no Colexio Profesional correspondente a cada socio profesional.

Así mesmo lémbrase que Sociedade Profesional está obrigada a subscribir unha póliza de Responsabilidade Civil para cubrir os posibles riscos en que poida incorrer no exercicio da actividade ou actividades que constitúan o obxecto social.

Para iso, e se non o efectuou, deberá presentarnos a seguinte, documentación:

  1. Solicitude de inscrición debidamente cumprimentada (solicitude inscripcion sociedades profesionais)
  2. Escritura pública de constitución da Sociedade.
  3. Estatutos sociais.
  4. CIF da Sociedade.
  5. DNI dos socios profesionais e non profesionais da Sociedade. No caso dos socios profesionais número de colexiado do seu Colexio Profesional.
  6. DNI das persoas que se encarguen da Administración e Representación, expresando a condición de Socio Profesional ou non de cada unha delas.
  7. Declaracións, pactos, acordos ou compromisos entre os Socios que se refiran ás prácticas do seu exercicio profesional ou ás súas relacións co Colexio.
  8. As situacións de incompatibilidade e/ou inhabilitación para o exercicio profesional que afecten a socios profesionais.
  9. Número de Conta Corrente da Sociedade.

No transcurso da vida da sociedade, calquera variación dos datos comunicados ou que consten nos documentos presentados tamén serán obxecto de comunicación obrigatoria ao rexistro do Colexio.